Política de privacidade
1.- TITULARIDADE DO FICHEIRO
Para cumprir co estipulado na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal comunicámoslle que, no caso de que nos envíe os seus datos, estes pasarán a formar parte dunha base de datos propiedade de MERKAL CALZADOS, S.L. logo de notificarlle á Axencia Española de Protección de Datos a existencia desta mediante a inscrición dun ficheiro, a titularidade do cal recae sobre a mencionada mercantil. Todos os datos solicitados son necesarios para o exercicio da nosa actividade, a venda de calzado e complementos.
2.- CONFIDENCIALIDADE DOS DATOS
Os seus datos personais serán tratados coa máxima confidencialidade logo de adoptar MERKAL CALZADOS, S.L. como responsable do ficheiro, as medidas de orde técnica e organizativa necesarias para garantir a confidencialidade e seguridade dos datos personais, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Malia o anterior, os datos proporcionados serán cedidos a INIKERNET SOLUTIONS, S.A. con domicilio Parque empresarial Zuatzu Edificio Zurriola, C/ Fco. Grandmontagne nº1-1, 20018 Donostia-San Sebastián / Guipúzcoa) e número de identificación fiscal CIF A20676490 mercantil encargada da xestión da presente páxina web, coa que se subscribiu o correspondente contrato de Encargado de Tratamento para cumprir co esixido pola lexislación en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Coa aceptación da presente política de privacidade, o usuario consinte a cesión descrita, así como a que se poida realizar desde MERKAL CALZADOS, S.L. ás empresas pertencentes ao grupo Vivarte Moda.
3.- DESTINATARIOS E FINALIDADE DA INFORMACIÓN
Ademais da cesión enumerada no punto anterior, poderán ser destinatarios da información todas as persoas adscritas, inscritas, titulares e colaboradores de todos os departamentos, compartimentos, locais e entes asociados nos que se organiza a nosa sociedade. MERKAL CALZADOS, S.L. unicamente solicita os datos personais que considera imprescindibles para poder levar a cabo o seu obxecto social, relacionado coa comercialización de calzado e accesorios do vestido, e para enviarlle informacións comerciais e publicitarias relacionadas co seu obxecto social que poidan ser do seu interese, por calquera dos medios de comunicación existentes.
Pola súa vez, vostede autoriza a MERKAL CALZADOS, S.L. a utilizar o seu enderezo de correo electrónico como medio habitual de comunicación con vostede, e para que lle enviemos información sobre todos os produtos e servizos da nosa sociedade, considerando o envío dos seus datos como o seu consentimento expreso ao indicado.
4.- UTILIZACIÓN DE COOKIES
O noso sitio web non utiliza cookies nin outros medios técnicos que nos permitan identificar a usuarios en concreto nin coñecer datos da súa navegación, sin que o usuario sexa consciente. Por outra parte, nos comprometemos a que calquera cambio na nosa Política de Privacidade a este respecto será inmediatamente advertido, a través do presente sitio web, incluíndo a oportuna rectificación neste apartado.
5.- DEREITOS DO TITULAR
En todo caso, o asinante ten dereito a exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación no ámbito recoñecido pola Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, polas canles do disposto no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.
O Responsable do Ficheiro é MERKAL CALZADOS S.L. Para exercer os dereitos arriba mencionados, e para calquera aclaración, pode dirixirse a MERKAL CALZADOS S.L. Refª Control de Datos, rúa Pau Claris, nº 132, 5ª Planta, 08009 - Barcelona, achegando a dita comunicación asinada a petición que se realiza, nome e apelidos e fotocopia do DNI.
6.- CONSENTIMENTO PARA O TRATAMENTO
Informado e conforme co exposto na presente política de privacidade, co envío dos seus datos, consinte expresamente e autoriza a MERKAL CALZADOS S.L., para que trate os datos persoais que voluntariamente lle proporciona. Vostede considera que ditos datos son idóneos para a realización destes fins, sen resultar, ó seu xuízo, excesivos e impertinentes, de acordo coa finalidade que se lle comunicou na presente cláusula. A súa vez, manifesta que os datos enviados por vostede son exactos e comprométese a notificar calquera modificación dos mesmos no mínimo prazo posible.
7.- RECOLLIDA DE CURRÍCULOS
Respecto do servizo de recollida de currículos que ofrece MERKAL CALZADOS S.L. no seu sitio web, para o caso de que vostede quixese traballar con nós, e en relación cos datos de carácter persoal que conteñan ditos currículos, comunicámoslle que o envío dos mesmos comporta a súa autorización e consentimento expreso a MERKAL CALZADOS S.L., para a utilización e tratamento de ditos datos ou os que poida aportar no futuro, co obxectivo de incluírlle nos procesos de selección de persoal de MERKAL CALZADOS. Unicamente utilizará os seus datos persoais e profesionais para incluírlle nos seus procesos de selección de persoal presentes ou futuros da sociedade.
Mediante o envío do seu currículo, vostede asume o compromiso de comunicar a MERKAL CALZADOS S.L. calquera variación dos datos enviados, a fin de que ditos datos poidan manterse adecuadamente actualizados.
En calquera momento, vostede pode acceder, modificar e cancelar os datos enviados, mediante carta, achegando fotocopia do seu DNI ó enderezo reseñado no punto 5.