MERKAL CALZADOS, forma parte de VIVARTE, grupo que está presente en Francia, España e Suíza con máis de 4.000 puntos de venda e un cadro de persoal de 24.000 persoas, e que conta con marcas tan recoñecidas internacionalmente como Naf Naf, Chevignon, Kookaï ou Caroll. En España, á marxe da presenza destas marcas,
MERKAL está acompañada pola rede de 57 tendas de FOSCO, cadea de calzados e complementos e CÓCTEL, cadea téxtil que se acaba de crear, que na actualidade se aproxima xa aos 30 puntos de venda.
As orixes de
MERKAL remóntanse ao ano 1989, cando inaugurou a súa primeira tenda na localidade barcelonesa de Igualada. A chegada a España significou a introdución dun concepto totalmente novo na venda de calzado, xa que a diferenza das zapatarías tradicionais, en
MERKAL o cliente podía circular libremente polos corredores nos que estaban distribuídos todos os produtos, elixir, probar os que lle gustasen e pagalos na caixa directamente. Desde os seus inicios, o obxectivo de
MERKAL foi ofrecer unha ampla variedade de produtos para toda a familia, cuns prezos axustados e unha boa calidade.

Tras una primeira fase de expansión centrada en Catalunya e o País Vasco , o crecemento continuou con inauguracións noutras zonas de España, principalmente Levante e a zona centro. Nesta primeira etapa, as tendas
MERKAL sitúasen prioritariamente en núcleos urbanos e en grandes vías de acceso, cunha superficie de venda que por regra xeral non adoitaba exceder os 350 metros cadrados.
Co paso dos anos , a proliferación de zonas e centros comerciais fixo que
MERKAL adaptase o seu concepto de tenda a esta nova realidade, reforzando o atractivo do seu espazo interior e seleccionando locais de maior tamaño, chegando nalgúns casos a tendas de máis de 1000 metros cadrados de exposición de produto.
Na actualidade, tras duplicar o seu número de establecementos en menos de seis anos,
MERKAL ten presenza en todas as provincias españolas da península e recentemente desembarcou nas illas Canarias, con 2 tendas na illa de Tenerife e 1 tenda na illa de Gran Canaria.
Este continuo crecemento supuxo que o equipo humano de
MERKAL supere xa as 1000 persoas, sen contar as preto de 50 que desde Barcelona dan soporte desde os servizos centrais, formando parte dos departamentos de contabilidade, mantemento, informática, recursos humanos, administración de vendas, expansión, inventarios ou control de xestión.